Os vindeiros 23 e 24 de novembro desenvolveremos na Escola Universitaria de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra a segunda edición da Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. O día 23 está adicado a presentación de varios relatores e o día 24 proxectarase no Museo de Pontevedra o documental “El legado de las rías gallegas”, de D. Jorge J. Candán.
SÁBADO 23 NOV 2019. Escola Universitaria de Enxeñería Forestal
09:30 Recepción de participantes
09:45 Presentación da xornada
D. Juan Picos Martín, Director da EU de Enxeñería Forestal.
D. Xosé Lois Rey Muñiz, SGHN.
10:00 Contaminación lumínica
D. Paulino Gasalla Aller, Vogal da sección de Astronomía da SGHN.
10:45 Tres lugares de alta diversidade vexetal en Galicia: A Lanzada, Melide e Serra de Enciña da Lastra
D. Francisco Javier Silva-Pando, CIF de Lourizán (Xunta de Galicia).
12:00 Cen anos de mareas vermellas
Francisco Rodríguez Hernandez, Centro Oceanográfico de Vigo (IEO)
12:45 Proxecto LIFE Oso Courel
Óscar Rivas López, Asociación Galega de Custodia do Territorio.
13:30 Xestión do monte e paisaxe na Galicia contemporánea
D. Xesús Balboa López, Director do Departamento de Historia da USC.
16:30 Ecoloxía da quenlla peregrina (Cetorhinus maximus) nas costas de Galicia e Cantábrico
D. Xulio Valeiras Mota, Centro Oceanográfico de Vigo (IEO)
16:55 Custodia e restauración
D. David Rodríguez Barra, Vicepresidente de Ridimoas.
17:20 As rapiñas indican a perda de biodiversidade no interior de Galicia
D. Luis Tapia Del Río, Independent Researcher Assistant (Wildlife Biologist Ph.D.)
17:45 A píntega, unha xoia evolutiva con moi mala fama
Dr. Guillermo Velo Antón, CIBIO (Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos – Porto)