Novo artigo na revista BRAÑA: Novos datos sobre a reprodución do sapoconcho mediterráneo, Mauremys leprosa no Baixo Miño

O achádego dun cadáver dun neonato de sapoconcho mediterráneo (Mauremys leprosa) atropelado no Baixo Miño, confirma a reprodución da especie na zona. Publicamos unha nota científica sobre esta reproducción na revista BRAÑA, na cal podes obter unha copia en pdf. O sapoconcho mediterráneo é a especie con máis citas en…

Ler máis

Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Eichhornia crassipes (Mart.) Solms

Xacinto de auga. Eichhornia crassipes

Eichhronia crassipes é una planta acuática rizomatosa de orixe amazónica que pertence á familia Pontederiaceae. Introducida en Europa como especie ornamental pola beleza das súas flores, atopouse en Galicia por vez primeira no ano 2000. Provoca graves impactos sobre o hábitat debido ao seu crecemento desmesurado en pouco tempo. Pode…

Ler máis

15 setembro 2018: Observación nocturna de avelaiñas

A Sociedade Galega de Historia Natural, organiza unha actividade de observación nocturna de avelaiñas (bolboretas nocturnas). A actividade consistirá en participar nunha mostraxe destas especies coa metodoloxía para atraer ás avelaiñas. Desenvolverase dende o anoitecer ata a madrugada. É necesario levar roupa axeitada de abrigo. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta en:…

Ler máis