O ceo en abril de 2021

Efemérides

  • Día 4: Ás 10:02 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 6: A Lúa e Saturno moi próximos. En 1973 foi lanzada a nave Pioneer 11, viaxa a 11,3 quilómetros por segundo, atópase actualmente a 15.755.000.000 quilómetros, na constelación de Escudo.
  • Día 7: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 12: Ás 03:31 h Lúa Nova. Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961).
  • Día 17: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 18: Choiva de meteoros Virxínidas. Actividade do 4 ao 27 de abril, co máximo de 5 por hora o día 18. Radiante en Virgo.
  • Día 20: Ás 06:59 hh a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 22: Choiva de meteoro Líridas, actividade desde o 16 ao 25, cun máximo de 15 por hora o día 22, radiante en Lira.
  • Día 25: Mercurio e a Lúa moi próximos, non visible pola súa proximidade ao Sol. Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990).
  • Día 27: Ás 12:17 h Lúa Chéa.

Planetas

  • Mercurio en Acuario con magnitude 0,86; non é visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Acuario con magnitude -3,91; non é visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Marte en Tauro con magnitude 1,11; visible seis horas depois do solpor.
  • Xúpiter en Capricornio con magnitude -2,01; visible 1 hora antes do amencer.
  • Saturno en Capricornio con magnitude 0,74; visible 1 hora antes do amencer.
  • Urano en Aries con magnitude de 5,84; visible tres horas despois do solpor.

Cometas

  • Tan só C/2020 R4 (ATLAS) con magnitude 9 pasando polas constelacións de Aguia, Hercules, Coroa Boreal en Bootes, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de abril ás 24 horas