O ceo en febreiro de 2019

Efemérides astronómicas

  • Día 1: Aniversario da traxedia do Columbia (2003).
  • Día 2: Pouco antes do amencer, ocultación de Saturno pola Lúa.
  • Día 4: Ás 10:04 h Lúa Nova.
  • Día 8: Morre en Florencia, Italia, Galileo Galilei en arresto domiciliario (1642). Choiva de meteoros: Alfa-Centáuridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 6 por hora. Radiante en Centauro. 
  • Día 12: Ás 11:26 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 14: Aldebarán e a Lúa moi próximos.
  • Día 18 A Lúa e o Cúmulo do Pesebre moi próximos.
  • Día 19: Ás 04:53 h Lúa Chea.
  • Día 23: Aniversario da aparición da última Supernova mais próxima a nós, 1987 A na Gran Nube de Magallanes.
  • Día 26: Ás 12:28 h a Lúa en Cuarto Minguante.

Planetas

  • Mercurio en Acuario, visible 1 hora logo do solpor, magnitude -1,05.
  • Venus en Saxitario, visible hora e media antes do amencer, magnitude -3,7. 
  • Marte en Aries, visible ata logo da media noite, magnitude 1,23. 
  • Xúpiter en Ofiuco, visible 3 horas antes do amencer, magnitude -1,53. 
  • Saturno en Saxitario, visible hora e media antes do amencer, magnitude 0,79.
  • Urano en Aries, visible ata logo da media noite, magnitude 6,18.

Cometas

  • Tan só C/2018 Y1 (Iwamoto) entre as constelaciones de Virgo, Leo, Cáncer, Xéminis e Auriga, con magnitude 7 e 46P/Wirtanen (2018) na Osa Maior con magnitude 7, poden verse cun telescopio pequeno. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.
Ceo febreiro 2019
Ceo o 15 de febreiro ás 24 h, mirando cara ao sur
  • Divulga ti tamén!