Efemérides astronómicas
- Día 1: En 1958 comeza as súas actividades a NASA.
- Día 2: Ás 09:45 h a Lúa en Cuarto Minguante.
- Día 3: Ultimo día do calendario Xuliano. O Papa Gregorio XIII decreta que do día 4 de outubro pasase ó día 15, comezando o calendario Gregoriano.
- Día 4: En 1957 lanzouse o primeiro satelite artificial o Sputnik. A Lúa e o Cúmulo do Pesebre moi próximos.
- Día 6: Máximo de 5 por hora da choiva de estrelas Camelopardálidas, actividade dende o 5 de outubro ao 7 de outubro. Radiante en Camelopardalis.
- Día 9: Ás 03: 47 h Lúa Nova. Máximo de 10 por hora da choiva de estrelas Dracónidas, actividade desde o 6 de outubro ao 16 de outubro. Radiante en Draco.
- Día 10: Máximo de 5 por hora da choiva de estrelas Tauridas do Sur, actividade dende o 10 de setembro ao 20 de novembro. Radiante en Tauro.
- Día 11: Xúpiter e a Lúa moi próximos. Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Delta Auríxidas, actividade dende o 10 de outubro ao 18 de outubro. Radiante en Auriga.
- Día 16: Ás 06:02 h a Lúa en Cuarto Crecente.
- Día 18: Marte e a Lúa moi próximos (1,79º). Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Epsilon Xeminidas, actividade dende o 14 de outubro ao 17 de Outubro. Radiante en Xéminis.
- Día 19: Marte e a Lúa moi próximos (0,2º).
- Día 21: Máximo de 20 por hora da choiva de estrelas Oriónidas, actividade dende o 4 de outubro ao 14 de novembro, teñen a súa orixe no cometa Halley. Radiante en Orión.
- Día 24: Ás 04:45 h Lúa Chéa. Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Leo Minoridas, actividade do 19 ao 27 de outubro. Radiante en Leo Minor.
- Día 28: Ás 3 da madrugada atrásase unha hora, comenza o horario de inverno.
- Día 31: En 1992 o Vaticano decreta a absolución de Galileo Galilei, condenado por herexía en 1616 e en 1633. Ás 04:40 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Planetas
- Mercurio en Libra, magnitude -0,23, pola súa proximidade ao Sol non visible.
- Venus en Vigo, magnitude de -3,76, pola súa proximidade ao Sol non visible.
- Marte en Capricornio, magnitude de -0,79, visible casi toda a noite.
- Xúpiter en Libra, magnitude de -1,32, visible durante unha hora despois do solpor.
- Saturno en Saxitario, magnitude 0,73, visible durante tres horas despois do solpor.
- Urano en Aries, magnitude de 6,02, observable cun telescopio pequeno durante toda a noite.
Cometas
- Tan só 21P/Giacobini-Zinner com magnitude 7 en Canis Maior, e 38P/Stephan-Oterma com magnitude 9 entre Orión e Xéminis, poden ser observados cun telescopio pequeno. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

Nota: Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de outubro as 24:00, mirando cara ao sur.