O ceo en outubro de 2020

Efemérides

  • Día 1: Ás 21:05 h Lúa Chéa. En 1958 comenza as súas actividades a NASA.
  • Día 3: En 1515 o Papa Gregorio XIII decreta que do día 4 de outubro pasase ó día 15, comenzando así o calendario Gregoriano.
  • Día 4: En 1957 lanzouse o primeiro satélite artificial, o Sputnik.
  • Día 8: Máximo variable da choiva de estrelas Dracónidas, actividade desde o 6 ao 10. Radiante en Draco.
  • Día 10: Ás 00:40 h a Lúa en cuarto minguante.
  • Día 13: A Lúa e Venus moi próximas.
  • Día 16: Ás 23:46 h Lúa Nova.
  • Día 21: Máximo de 15 por hora da choiva de estrelas Oriónidas, actividade desde o 2 de outubro ao 7 de novembro, teñen a súa orixe no cometa Halley. Radiante en Orión.
  • Día 22: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 23: Ás 13:23 h a Lúa em Cuarto Crecente. A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 25: Ás 3 da madrugada atrásase unha hora, comeza o horario de inverno.
  • Día 29: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 31: Ás 14:49 h segunda Lúa Chéa de outubro (Lúa Azul). En 1992 o Vaticano decreta a absolución de Galileo Galilei, condenado por herexía en 1616 e en 1633.

Planetas

  • Mercurio en Libra, cunha magnitude de 0,95, non visible.
  • Venus en Leo, visible 2 horas antes do amencer, magnitude de -3,52.
  • Marte en Piscis, visible casi toda a noite, magnitude de -2,38.
  • Xúpiter en Saxitario visible ata poco despois da media noite, magnitude de -1,85.
  • Saturno en Saxitario visible ata poco despois da media noite, magnitude 0,73.
  • Urano en Aries visible casi toda a noite, magnitude de 6.

Cometas

  • 88P/Howell (2020) entre Escorpio e Saxitário com magnitude 8 e C/2020 M3 (ATLAS) entre Eridano e Lepus com magnitude 9, poden verse cun telescópio pequeno.
Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de outubro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.