O ceo en setembro de 2019

Efemérides

  • Día 1: En 1979 a sonda espacial Pioner 11 pasa por encima do anel máis externo de Saturno e sobrevoa sobre as súas nubes a 21.000 quilómetros. 40 anos despois segue a súa viaxe fora do Sistema Solar. Máximo da choiva de estrelas Alfa Auríxidas, actividade ata o día 5, cun máximo o 1 de setembro, de 6 por hora. Radiante en Auriga.
  • Día 3: En 1976 a nave espacial Viking 2 aterra en Marte e comeza a transmitir fotos en cor e información do planeta.
  • Día 5: Ás 03:12 h a Lúa en Cuarto Crecente. Aniversario do lanzamento da Voyager1 a Xúpiter e Saturno (1977), na actualidade atópase a 21.920.000.000 de quilómetros do Sol, e sigue a súa viaxe fora do Sistema Solar a unha velocidade de 17 quilómetros por segundo.
  • Día 6: A Lúa e Xúpiter muy próximos (2,3º).
  • Día 8: Saturno e a Lúa moi próximos (0,03º).
  • Día 9: Máximo da choiva de estrelas Perseidas de Setembro, actividade desde o 5 ao 31, cun máximo o 9 de setembro, de 5 por hora. Radiante en Perseo.
  • Día 10: En 2008, entra en funcionamento por primeira vez o acelerador de partículas (LHC) no Laboratorio Europeo de Física de Partículas do CERN, para simular o Big Bang.
  • Día 11: En 1822 o santo Oficio autoriza ensinar a teoría de Copernico de que a Terra xira arredor do Sol
  • Día 14: Ás 04:34 h Lúa Chéa.
  • Día 21: En 2003, a sonda Galileo precipítase sobre a atmósfera de Xúpiter, logo de orbitar o planeta durante oito anos.
  • Día 22: Ás 02:42 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 23: Ás 07:36 h comenza o outono no hemisferio norte, primavera no sur. En 1846 o astrónomo alemán Johann G. Galle descubre o planeta Neptuno.
  • Día 27: En 2008, China, co seu astronauta Zhai Zhigang, convertese na terceira nación capaz de realizar paseos espaciais.
  • Día 28: Ás 18:28 h Lúa Nova.

Planetas

  • Mercurio: En Virgo, magnitude -0,66, pola súa proximidade ao Sol non visible. 
  • Venus: En Virgo, magnitude -3,39, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Marte: En Leo, magnitude 1,98, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Xúpiter: En Ofiuco, magnitude -1,71, visible ata media noite. 
  • Saturno: En Saxitario, magnitude 0,6, visible ata as dúas da mañá.
  • Urano: En Aries, magnitude 6,04, visible toda a noite.

Cometas

  • Tan só C/2018 W2 (Africano), con magnitude 7 pasando polas constelacións de Perseo Andrómeda e Pegaso, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de setembro ás 24 h