Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Cegoñas e guindastres
Reclaman a Medio Ambiente Ourense que adopte as medidas necesarias para non volver cometer os erros desta tempada de aniñamento da cegoña branca Amigas das Cegoñas, Sociedade Galega de Historia Natural e Ecoloxistas en Acción reuníronse coa xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, co…
Divulgando o medio no Pantín Classic
O sábado 3 de xullo, a Delegación de Ferrol da SGHN organizou unha actividade de divulgación no evento Pantin Classic (Pantín, Valdoviño). Durante a mesma, persoal da delegación realizou un itinerario polas inmediacións do evento no sistema dunar e praia, onde puideron ver plantas como a camariña (Corema album) e…
Os Centros de Estudos Galegos abren o Museo de Historia Natural ao mundo
Mediante unha actividade conxunta de conexión en liña entre os Centros de Estudos Galegos e o Museo de Historia Natural da SGHN, deuse a coñecer a mostra expositiva deste museo situado en Ferrol (A Coruña). O Centro de Estudos Galegos, presente en varias universidades internacionais e cunha ampla bagaxe na…
