Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Espazo profundo: ARP 273
Na Constelación de Andrómeda a uns 350 millóns de anos luz, atopámosnos dúas galaxias espirais, aparentemente deformes, que interactúan mediante unha forte atracción gravitacional para formar unha fermosa rosa espacial. A máis grande é coñecida como UGC 1810, ten unha masa que é aproximadamente cinco veces maior que a da…
O ceo en xaneiro de 2020
Censo de cegoña branca (Ciconia ciconia) de Galicia
A Sociedade Galega de Historia Natural comezou a facer no ano 2019 un censo de cegoña branca (Ciconia ciconia) nidificante que conseguiu cubrir as provincias de Ourense e Pontevedra. Á vista do interese dos resultados obtidos, a partires desde ano queremos ampliar a cobertura a toda Galicia. Por outra parte…
Estamos de estrea!
Grazas á subvención da Deputación da Coruña á que nos acollimos este ano (convocatoria nº DP0036), dentro do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2019, na Delegación de Ferrol da SGHN contamos con…
