Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Completa e intensa celebración do Día do Medio Ambiente 2019
Empezamos o venres 06/06/2019 coa celebración do primeiro Día Mundial do cirrio (Apus apus), organizado pola nosa compañeira Laura Iglesias e por Bárbara Rodríguez, un acto de divulgación para achegarse ó coñecemento desta increíble especie totalmente adaptada á vida aérea ata o punto de que toda a súa vida desenvólvese…
Actividades de Astronomía en xullo
Escuro futuro da natureza no parlamento galego
O inicio do debate parlamentario da nova Lei de Patrimonio Natural preocupa profundamente ás entidades conservacionistas, por ser pouco ambiciosa e non abordar a grave situación de abandono do noso patrimonio natural. Mañá, martes, vai celebrarse no Parlamento de Galicia o debate das emendas á totalidade da nova Lei de…
Día Mundial do Cirrio
O pasado venres, 7 de xuño, celebrouse a primeira edición do “Día Mundial do Cirrio” (World Swift Day). Esta iniciativa xurdiu dende a asociación “Swifts Without Frontiers” e extendeuse por decenas de cidades ó redor do mundo. O seu obxectivo é concienciar á cidadanía da importancia destas singulares aves migratorias…
