SGHN agradece o enorme interese despertado por esta oferta de traballo e comunica que, como estaba anunciado, dende as 14 h de hoxe 5 de agosto non admite novas candidaturas e comeza a selección entre os máis de 260 CV recibidos.

CONVOCATORIA DE POSTO DE TRABALLO
- Obxecto do contrato: Traballos de monitorización, labores administrativos e mantemento xeral do Museo.
- Tipo de contrato: Indefinido.
- Periodo de proba: 3 meses
- Lugar de traballo: Museo de Historia Natural (MHN) da S.G.H.N. en Pza. Canido s/n, Ferrol.
- Xornada: Tempo completo. A xornada de traballo prestarase de luns a domingos, cos descansos establecidos legal ou convencionalmente, sen superar un promedio de 40 horas semanais.
- Retribución: Salario Mínimo Interprofesional.
- Data de incorporación: inmediata
Requisitos: (por orde de importancia)
- Non estar inhabilitado para a atención a menores. Antes da incorporación da persoa seleccionada ao posto de traballo esixiraselle a presentación do correspondente certificado expedido polo Ministerio do Interior.
- Experiencia en actividades de monitorización/guiado de grupos, e labores administrativas.
- Coñecemento e manexo das linguas galega e castelá.
- Coñecemento do paquete ofimático Libre Office/OpenOffice.
Valorárase: (por orde de importancia)
- Experiencia na confección de propostas de proxectos e memorias de actividades.
- Coñecemento de linguas estranxeiras
- Pertenza á SGHN e participación acreditada nas actividades da SGHN, principalmente actuando como guía ou monitor.
- Coñecementos de programas de deseño gráfico e edición.