Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Censo de escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia
Vimos de publicar na revista BRAÑA unha nova nota sobre o censo realizado en Galicia de Emberiza schoeniclus lusitanica, unha subespecie autóctona do noroeste da Península Ibérica e que está en severo declive. Os redactores da nota percorreron as zonas de nidificación para avaliar os seus efectivos reproductores durante 2018,…
Calendario solidario 2020
Outras dúas magníficas medias xornadas para disfrutar e aprender
Nada nos arredou nunha fin de semana complicada no meteorolóxico, de inverno na primaveira, e os socios e colaboradores da Delegación de Ourense desenvolvimos as actividades previstas. Tarde de actividades na Limia Planificando actividades e revisando outras O sábado 06/04/2019 comezamos con choiva e aproveitamos o momento para unha posta…
8ª ACTUALIZACIÓN DO ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA. Ano 2018
Durante o ano 2.018, o atlas de anfibios e réptiles de Galicia acadou un total 21.876 datos de anfibios e réptiles, dos cales 5.079 (23,2%) son datos novos respecto ó atlas publicado. De anfibios acadáronse 13.330 datos e de réptiles 8.546 datos totais. No informe realizado, de libre acceso e…
