Que facemos na SGHN?

Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Corcoesto: outra vez a febre do ouro?

O proxecto de Edgewater Exploration Ltd SGHN ven de respostar á solicitude de información da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a Decisión de Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto concesións de explotación “Emilita” nº 1221, “Ciudad de Landró” nº 1454 e “Ciudad del Masma” nº 1445, que…
Conferencia “Alimentación sana e evolución”
O próximo día 2 de xuño, sábado, ás 19:00 h terá lugar no salón de actos da SGHN en Ferrol (Praza de Canido, s/n) unha conferencia que baixo o título “Alimentación sana y evolución” impartirá Ángel Burrel Botaya, profesor de psiconeuroinmunoloxía clínica, osteópata e fisioterapeuta, ademais de socio da SGHN.
SGHN-Ferrol apoia ás confrarías na defensa da Ría de Ferrol
A S.G.H.N. quere mostrar o seu apoio e solidariedade á loita que están a levar a cabo os mariscadores das Confrarías de Barallobre e Ferrol. A ría de Ferrol debido á neglixencia das administracións autonómica e central e a pasividade das administracións locais, atópase en situación case terminal. Non é…
Depósitos de áridos asfálticos de Vilar do Colo

Representantes da Plataforma de Defensa dos Camiños, AETNA, Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, Verdegaia, ADEGA e SGHN, realizaron unha visita ao Monte de San Lourenzo (concello de Cabanas) nunha parcela de solo rústico de uso forestal, propiedade da empresa MANMER na que se atopan, dende…