Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Unha proposición indecente no Parlamento Galego
No Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (nº 154, do 28-07-2017) publicouse a proposición de “lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia“, presentada polo Grupo Parlamentario Popular polo trámite de urxencia. Se unha cousa hai que recoñecer nesta proposta de lei é que as intencións dos seus…
Xestión do arborado urbano na cidade de Ourense
Ourense, 08-09-2017 O Grupo de Arborado Urbano da Delegación en Ourense da Sociedade Galega de Historia Natural mostra, como SGHN leva dicindo hai xa máis de 30 anos, a súa preocupación polo tratamento do arborado urbano na provincia de Ourense, e nomeadamente na súa capital. O problema do debilitamento das…
Novo artigo na revista BRAÑA Censos de aves acuáticas invernantes en Galicia 1996-2015: Rías Altas do Cantábrico
Santiago, 25-08-2017 SGHN está a realizar dende 1973 os censos de aves invernantes acuáticas, imprescindibles para a protección destas aves e os espazos que ocupan, pois permiten avaliar a evolución das poboacións e a saúde dos sistemas lacustres para as manter. Unha análise completa de dez anos (1996-2005) xa foi…