Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Acacia longifolia (Andrews) Wild.
Eucaliptos e biodiversidade
Co-introdución doutras especies exóticas Nas plantacións de eucaliptos atopáronse diversas especies de fungos ectomicorrízicos australianos, seguramente introducidos cos propios eucaliptos e que semellan ter facilitado o establecemento e naturalización dos eucaliptos (Díez, 2005). As especies máis frecuentes son Hydnangium carneum, Hymenogaster albus, Hysterangium inflatum, Labyrinthomyces donkii, Laccaria fraterna, Pisolithus albus,…
Proxecto Libera 2019 na Veiga de Gomareite
Proxecto Libera Grazas a todos os voluntarios que coa Sección Antela de SGHN traballaron a reo o pasado 23 de febreiro limpando un pouco máis a Veiga de Gomareite. A actividade está enmarcada nun novo convenio de colaboración con SEO/BirdLife dentro da campaña de “Apadrinamientos 2018” do “Proyecto LIBERA naturaleza…
Eucaliptos e auga
Eucaliptos e cantidade de auga A información dispoñible para Galicia indica que as plantacións de Eucalyptus globulus alteran os reximes hidrolóxicos nas bacías. Os solos baixo eucaliptais son moi hidrofóbicos, provocando grandes fluctuacións estacionais nos caudais (Abelho e Graça, 1996). Así, o cambio de uso dunha rotación forraxeira millo-pasteiro a…
