Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Proxecto de reapertura da mina de cobre de Touro
SGHN ven de presentar as súas alegacións (PDF) ao proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de avaliación de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael nº 2946 (O Pino e Touro, A Coruña) nas que, ademais de diversas deficiencias e contradicións do propio estudo, salienta: Que, máis…
Por qué son agora máis mortíferos os lumes en Pontevedra?
Segundo a información recopilada nas hemerotecas (que podería ser incompleta), nos últimos 34 anos en Galicia morreron 27 persoas a causa dos incendios forestais: 9 pilotos en accidentes de aviación e 18 veciños ou brigadistas en terra: 09-09-1988: 4 mortos en accidente hidroavión en Lavacolla (C) 16-06-1996: 1 brigadista morto…
Dúas novas bolboretas no PN Illas Atlánticas
Na revista BRAÑA publícase unha nota (pdf) dando conta de dúas novas especies de bolboretas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Estas dúas especies son dous licénidos: Favonius quercus e Plebejus argus, o primeiro localizado na illa de Cortegada e o segundo na illa de Ons. Con estas especies o número de…
