Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
En defensa dos mamíferos mariños
“Non se verán senón algunhas partes destas especies xigantescas, os seus restos converteranse nun lixo que os ventos dispersarán, e non existirán senón na memoria dos homes ou nas descricións do xenio”.Lacépède Na actualidade relativamente afortunada para os cetáceos, despois de séculos de matanzas, é unha honra botar a vista atrás…
Efemérides astronómicas de decembro
Espazo profundo: Nebulosa da Águia Entre as constelacions de Saxitario e Ofiuco, atópase a constelación de Serpens Cauda e nela localízase M16, conxunto astronómico que está conformado pola Nebulosa da Águia e un cúmulo estelar aberto asociado con ela denominado NGC 6611. Aínda que a todo o conxunto denomínaselle de…
Unha Limia Limpa é posible!!!
Que unha Limia Limpa é posible, e que paga moito a pena conseguila, é un sentimento que xa trascende fóra de Galicia: o proxecto presentado polos compañeiros de SGHN-Sección Antela foi un dos 50 seleccionados a nivel estatal para recibir unha axuda de 1.500 euros no cadro do proxecto “LIBERA, naturaleza…
“Estado da natureza” en Galicia: 2. Uso público dos espazos protexidos
Dende a súa fundación como Grupo Ornitolóxico Galego hai xa 44 anos e a súa transformación en Sociedade Galega de Historia Natural 4 anos despois, SGHN mantén unha actividade ininterrumpida a prol do estudio, divulgación e conservación do patrimonio natural galego. Con esta longa experiencia, e conforme aos obxectivos e…