Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Recheo dunha antiga canteira con residuos tóxicos en Salceda de Caselas
Conxuntamente entre Verdegaia e SGHN presentáronse catro escritos dirixidos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (PDF), Consellería de Economía e Industria (PDF), Consellería de Sanidade (PDF) e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (PDF) por dun recheo con vertidos tóxicos na canteira Pereiriñas, sita en Salceda de Caselas (Pontevedra). Baseándonos…
Lobo mariño “CELEIRO” (Halichoerus grypus) – Segunda fase de rehabilitación
A foca Celeiro atópase xa na piscina, percorrendo as últimas millas do seu pequeno océano actual. Desde o primeiro segundo do encontro ca auga, a súa actitude tranquila e observadora transformouse en felicidade. Nas fotos que acompañan a esta entrada pode verse ao lobiño baixo a auga, e alí está case…
As podas drásticas non pasan de moda
Liberación do Lobo mariño cincento Halichoerus grypus “FISTERRA” (Foca gris)
Nestes momentos, se todo saíu ben, a foquiña estará xa no seu medio natural. Todo será para ela como cando, independizada da súa nai, se deixou levar polas correntes do océano percorrendo distancias próximas ás 1000 millas para chegar ata a Península Ibérica. Naquela viaxe contou case exclusivamente coas graxas…
