Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Os homes que non amaban ás árbores: árbores pavimentadas
Nos últimos días Xulio Valeiras dende Vigo, Ángel Dorrío (Amigos da Terra) dende Ourense e Jesús González dende Santiago mandáronos fotos cunha temática coincidente: o pavimentado dos alcorques das árbores nas rúas. Os tres amantes das árbores que nos escriben están moi preocupados pola desnaturalización e urbanización crecente dos recunchos…
Construción dunha granxa de visóns en A Estrada sen autorización ambiental
ADEGA, FEG, SGO e SGHN denuncian á Fiscalia de Medio Ambiente a construción dunha granxa de visóns en A Estrada sen autorización ambiental Esta mesma mañán, SGO, ADEGA, SGHN e FEG veñen de denunciar diante da Fiscalía de Medio Ambiente que a empresa Visotenic, S.L. está a desenvolver o proxecto…
Memoria de actividades SGHN-Ourense 2013
A memoria de actividades da Delegación en Ourense de SGHN, presentada na Asemblea local celebrada o pasado 21-02-2014, está dispoñible en formato PDF.
