Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
RASTRILLO EN BETANZOS: RECADACIÓN FONDOS PARA FRAGAS DO MANDEO
Rastrillo de Fragas do Mandeo na praza do Campo en Betanzos o próximo día 2 de setembro, domingo, de 10 ata 14:30 horas. http://www.fragasdomandeo.org/
Enchido da mina a ceo aberto en As Pontes
SGHN-Delegación Ferrol ven de dirixirse ao Presidente de Augas de Galicia (PDF) para expresarlle a total disconformidade coas declaracións nas que manifestaba non ter constancia de que se lle solicitaran datos sobre a calidade das augas que enchen o oco da antiga mina de lignito das Pontes. Xunto con ADEGA…
ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes
23 de agosto de 2012. A inauguración do mal chamado “lago de As Pontes”, en realidade unha balsa mineira, amosa numerosas incertidumes e máis que posíbeis riscos para a saúde e o ambiente. Para ADEGA, Verdegaia e SGHN a recente autorización do baño nestas augas resulta sorprendente, por canto Augas…
Problemas medioambientais na provincia de Ourense
¿Dende cando a SGHN ten presencia en Ourense? O GOG-SGHN, creado en 1973, é a máis veterana das organizacións de defensa ambiental galegas e unha das máis antigas de España; en Ourense, a SGHN ten representación dende 1980 coa SGHN-Delegación Ourense. ¿Cales son os seus principais obxectivos? As liñas xerais de…