Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Presentación da obra “Nao cetácea”
A presentación da obra “Nao cetácea” terá lugar o vindeiro venres 6 de Xuño, ás 19:30 no auditorio do MHNF (Praza de Canido, Ferrol), coa presencia do propio autor, Xosé Iglesias e do editor, Editorial Canela. Un libro de acuarelas realizadas por un patrón de pesca-mariñeiro galego, nas que os barcos se…
Colonia de Cirrios en Vigo
Día Europeo da Rede Natura 2000 Día internacional de Diversidade Biolóxica
Por mor da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, varias entidades (Hábitat, ADEGA, Verdegaia, Federación Ecoloxista Galega, Asociación Brexa eSociedade Galega de Historia Natural) reivindicamos a protección efectiva da biodiversidade a través dos espazos naturais protexidos. E, entre eles, subliñamos a…
“ePaxaro” no Día Mundial das Aves Migratorias
A Delegación de Ourense da SGHN leva uns anos celebrando o día das aves migratorias cunha xornada de campo na que coñecer mellor a estas aves e as súas necesidades para completar os seus ciclos biolóxicos. Nestas xornadas recóllese a listaxe das especies observadas, alomenos para deixar constancia da súa…
