Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
A Xunta non quere á camariña
A piques de cumprirse 4 anos dende que SGHN solicitara a inclusión da camariña no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) na categoría de “Vulnerable” (máis…). Tres anos despois de que a Xunta tivese todos os estudos e informes que encargou sobre a situación da especie. Quince meses despois de…
A Frouxeira: como elefantes nunha cacharrería
Restauración ecolóxica sona ben, pero… Hai varios días comezou a execución nas dunas grises de A Frouxeira do proxecto de “Restauración ecolóxica do sistema dunar de Morouzos (Ortigueira) e A Frouxeira (Valdoviño)”, no cadro do “Plan de recuperación, transformación e resiliencia” con financiación de fondos Next Generation da Unión Europea.…
Liques de Galicia: 30 Lepra amara (Ach.) Hafellner
O PRUX das Fragas do Eume certifica o desleixo da Xunta pola conservación deste emblemático Parque Natural
Declaración sinada polas seguintes asociacións ambientalistas: ADEGA; Grupo Naturalista Hábitat; FEG (Federación Ecoloxista Galega); SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural); Grupo Lobo; Asociación Betula; REBINXE (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural); AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio); SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía); Colectivo Terra Con 25 anos de retraso…
