O Premio Pedra Alta, instituido en 2017 polo Museo da Limia (Vilar de Santos, Ourense), concédese cada ano a persoas ou entidades “cuxa obra ou labor é capaz de proxectar unha pegada merecente de consideración nas Terras do Limia, ou fóra delas, se a súa a nacenza acontece neste territorio”. O Padroado do Museo da Limia ven de conceder por unanimidade o Premio Pedra Alta 2022 á Sección Antela de SGHN.
Constituida en 2011 coincidindo co 40º aniversario da Convención de Ramsar, a Sección Antela de SGHN leva dende entón traballando a prol do medio natural e a calidade de vida das persoas na Limia con dous obxectivos básicos:
- Coñecer, divulgar e salvagardar os valores naturais e tradicionais da comarca de A Limia, así como buscar a oportunidade de potencialos.
- Compatibilizar a recuperación de humidais e zonas marxinais de A Limia coa explotación agro-gandeira sostible, sen afeccións negativas aos sectores económicos produtivos.
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2022/10/Logo_Seccion_Antela-1024x676.jpg)
O comunicado do Padroado do Museo da Limia salienta os motivos do recoñecemento outorgado á Sección Antela: “Esta Terra que coñece tan ben as agresións, as feridas e as cicatrices que deixan diferentes actuacións históricas e actuais sobre as persoas e o medio natural, debe recoñecer o valor do traballo, tanto de persoas como grupos que están aí, defendendo o territorio, poñéndoo en valor, dando alternativas, subliñando que a mellor defensa da vida das persoas é manter en bo estado o medio no que se vive“.
A Sección Antela de SGHN considera unha enorme honra que o primeiro premio que recibe veña nada menos que do Museo da Limia. Como non podería ser doutro xeito, a Sección Antela brinda este premio a todos os voluntarios, “BEóNFEITORES” e simpatizantes que co seu apoio e traballo incansable están a demostrar que outra Limia é posible.
- Beón: (nome, botánica). A pranta máis emblemática non só de Antela ou lago Bión/Beón, senón de todo o complexo húmido Limia-Antela.
- Benfeitores: (sustantivo). Os que fan o ben.
- BEóNFEITOR: (nome, neoloxismo). Díse do que fai o ben aos ecosistemas acúaticos de Limia-Antela.
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/09/Gomareite_2017-04-01k_web.jpg)
![Limpeza Veiga de Gomareite 2017-12-02. Os 14 magníficos](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/09/2017-12-02_Os_14_magnificos_web.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2019/03/04_Libera_Veiga_Gomareite_2019-02-23.jpg)
![Limpeza Veiga de Gomareite 2017-12-02. Proxecto Libera](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/09/Foto_final_grupo_2017-12-02_web.jpg)
![Limpeza Veiga de Gomareite 2017-12-02. Plasticolítico](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/09/Veiga_Gomareite_2017-12-02c_plasticolitico_web.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2020/12/017_vella_piscina_bo_contedor.jpg)
![Limpeza Veiga de Gomareite 2017-12-02. Plasticolítico](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/09/Veiga_Gomareite_2017-12-02e_plasticolitico_web.jpg)
![Veiga de Gomareite 2018-04-14. Carrexando lixo](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/09/06_Transportando_material.jpg)
![Veiga de Gomareite 2018-04-14. Foto de familia co contedor](https://sghn.org/wp-content/uploads/2018/09/21a_Foto_familiaSEO-Libera_2018-04-14_web.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2013-10-05_a.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_reunionIMG_4342web.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2013-11-23_d.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2013-11-23_b.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2013-10-05_f.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2013-10-05_e.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2013-10-05_d.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2015-12-12h_web.jpg)
![](https://sghn.org/wp-content/uploads/2021/02/Parcela_Vilaseca_2016-10-01h_web.jpg)
Traballos no predio de SGHN na Veiga de Vilaseca: o “Humidal Antonio Villarino