
Texto, enlaces e documentación actualizados a decembro de 2017 sobre o orixinal de 2002.
Hai dez anos (1992), a SGHN publicaba unha editorial na súa revista Paspallás, pedindo uns mínimos para que non se repetira o desastre do “Aegean Sea”. Dez anos despois estas peticións case pódense repetir na súa totalidade.
O que está a acontecer non é desorganización, é simple CAOS. Un caos propiciado por unha administración estatal e autonómica incompetente e despreocupada, botada a perder polo vicio de tapar todo o que non lle convén. Tanta soberbia para non saber que o fuel-oil flota no mar.
Existe un problema medioambiental e sobre todo social, que a longo prazo van sempre da man. Tal foi o dano que avistamos un horizonte mouro, escuro como a miseria que afectará a moitas familias e pobos enteiros. A xente non pide máis que vivir do seu, do traballo, non das axudas, anunciadas case como esmolas. O Goberno Español e Autonómico quedaron coa face descuberta ante os nosos veciños europeos, que asombrados non dan creto ós ollos e publican na súa prensa que España ten trinta anos de retraso respecto de Europa. Non cren que o exército Belga chegase antes que o Español (agás un grupo de Ferrol e Marín, dende os primeiros días e que o equiparon os concellos), comparan ó 1º ministro alemán vendo o desastre das riadas dende 1ª liña, co Presidente do Goberno de España. Comparan e non comprenden. Nós xa temos longa experiencia, aínda buscamos o albor da longa noite de pedra.
Dá vergonza allea e impotencia contempla-la falla de medios. Se cabe algunha esperanza no que está a pasar, é a dignificación da xente da pé, volcada na limpeza das praias, a loita titánica dos mariñeiros valéndose dos seus únicos medios e as máns para frea-la entrada da sombra negra nas rías. Pero todo ten un límite e as forzas físicas non son ilimitadas, e ou hai medios ou é fisicamente imposible aturar máis acometidas como esta.
O recén estreado Parque Nacional está de loito. As novas contrastadas que nos chegan, falan que será un loito longo e pode que nunca se recuperen. Haberá que esperar para saber que pasa con arao dos cons (Uria aalge), pero pódese ir esculpindo o seu epitafio. Pero non nos enganemos, o arao é un símbolo. O peor é o que non se ve, o que está nos fondos, os pequenos organismos que sustentan a cadea trófica e alimentan ás aves, ós polbos, ós percebes, ós mariñeiros, as redeiras, as conserveiras, os transportistas, os comercios…
A terra non pertence ó home, o home pertence á terra. Aquí a terra é o mar, e o home e natureza van xunguidas, para ben ou para mal.
Queda moito que facer e que aprender.
Datos e informacións diversas. Moitos enlaces incluídos na primeira versión da páxina foron eliminados ó desaparecer a páxina enlazada, en especial os enlazados a organismos oficiais.
– Cronoloxía PDF
– Posicionamento do movemento ecoloxista perante a catástrofe do Prestige. Declaración ós dous meses da catástrofe PDF
– Posicionamento do movemento ecoloxista perante a catástrofe do Prestige. Declaración ós 12 meses da catástrofe PDF
SAÚDE
* Informe Dr. Baert 29-11-02 (francés)
INFORMES VARIOS
* 25 anos de control sobre los efectos del Exxon Valdez (inglés)
* Resolución do Parlamento Europeo sobre o accidente do “Prestige” PDF
* Real Decreto 1220/2002, de 22 de novembro, polo que se crea a Comisión Interministerial para o seguimiento dos danos ocasionados polo buque “Prestige”. (BOE de 23 de novembro de 2002). PDF
* Fondo COPE. PDF Medidas da UE para ratificar o Convenio Internacional sobre responsabilidade civil por danos por contaminación de hidrocarburos, de 2001, e Convenio Internacional sobre responsabilidade e compensación por daños relacionados co transporte marítimo de sustancias nocivas e potencialmente peligrosas, de 1996.
Datos SGHN
– Editorial SGHN hai 10 anos. PDF
– Informe SGHN Illa de Sálvora.PDF
– Informe SGHN Ons. (PDF)
– Resume actuacións SGHN.
– Notas de Prensa emitidas pola SGHN.
– Entrevista coa Comisaria de Medio Ambiente da UE Margot Wallström (12/12/02). Unha representación de entidades ambientalistas galegas mantiveron unha reunión coa Comisaria de Medio Ambiente da UE. Nesta reunión transmiteuselle a grave situación da costa galega, tanto a nivel medioambiental como social e foille entregado un escrito sinado por ADEGA, CEMMA, FEG, SGHN e WWF/ADENA.
Na entrevista, entre outros puntos, solicitouse a súa intermediación ante o Goberno Español para que se tivera en conta a experiencia medioambiental das asociaciones medioambientais galegas, unha avaliación urxente por expertos científicos da situación da costa e a declaración dos espacios propostos para formar parte de Natura 2000 como Red Natura 2000 de facto, como prevención de plans ou obras que hipotecasen o seu futuro.
– Conclusión V Congreso Galego de Ornitoloxía 17/11/02 (PDF)
– Galería de FOTOS