Unha celebración dobre e diferente

Día dos Humidais … e da Candelaria

O día 2 de febreiro é o “Día Mundial de los Humedales”, data na que se conmemora a adopción da Convención Ramsar relativa á conservación das zonas húmidas. Pero, mira tí por onde, ese día tamén se celebra a Candelaria, día no que segundo a nosa tradición casan os paxariños.

Aproveitando esa feliz coincidencia dende a Delegación de Ourense da SGHN organizouse, en coordinación co C.E.I.P. Irmáns Villar e a Aula da Natureza do Concello de Ourense, unha actividade para colocar 12 caixas-niño no Xardín do Posío cós cativos de entre seis e sete anos.

Aínda que a actividade comezou a prepararse días antes no colexio, o momento culminante chegou a media mañá do día 2 ao chegar ao Xardín do Posío onde os nenos, entre xogos e risas, puideron coñecer algo máis sobre eses outros veciños da cidade e sobre algúns dos seus problemas cotiás, especialmente sobre a súa alimentación e as súas casiñas.

Alimentación

Todos sabemos que nas cidades as aves atopan fácilmente comida como pan, patacas fritidas ou “gusanitos” e algunhas peroas mesmo adoitan a levarlle pan aos patos.

Pero debemos ter en conta que eses alimentos son pouco nutritivos, salgados, de baixa calidade e carecen de moitos nutrientes necesarios para unha alimentación equilibrada das aves. Por iso, a medio ou longo prazo poden provocarlles enfermedades como resultado dunha dieta pouco saludable. Ademáis, sen querer, estamos a alimentar a outros como ratos e ratas ou, incluso, visón americano).

As aves precisan outros alimentos menos elaborados para complementar a súa dieta como sementes, froitos ou froitas e larvas. Entón, si queremos levarlles comida aos paxariños ou aos patos o mellor é levarlles sementes, froita ou froitos secos non salgados evitando levarlles pan ou “gusanitos” para que procuren os insectos que completan a súa dieta.

Vivenda

As aves precisan espacios axeitados para facer os seus niños: árbores, ocos, gretas, repisas. Estes lugares que cada vez son máis escasos nas cidades, pero podemos axudalos colocando as caixas onde poderán instalar o niño.

Despois das explicacións, houbo que poñerse máns a obra coa excepcional e magnífica colaboración dos bombeiros de Ourense que montaron o operativo para instalar as caixas niño nas árbores previamente seleccionadas e recibiron algúns agasallos, entre outros, un par de caixas para colocar nas súas instalacións.

En resumo, unha actividade moi agradable grazas ao traballo e colaboración de moitas persoas interesadas pola conservación destes veciños da cidade, as aves, e aos cativos que tamén o puxeron todo da súa parte.