Xestión do arborado urbano na cidade de Ourense

Ourense, 08-09-2017

O Grupo de Arborado Urbano da Delegación en Ourense da Sociedade Galega de Historia Natural mostra, como SGHN leva dicindo hai xa máis de 30 anos, a súa preocupación polo tratamento do arborado urbano na provincia de Ourense, e nomeadamente na súa capital.

O problema do debilitamento das árbores xa se vía vir dende fai tempo xa que o modo de xestión do arborado en Ourense de poda e desmoche non mudou un ápice, a pesar dos problemas secundarios que se orixinan nas árbores e que o Concello debera coñecer tras ser advertido en múltiples ocasións por SGHN e outros grupos. O que está claro, e non admite dúbida algunha, de acordo a todos os tratados de arboricultura, é que toda ferida provocada a unha árbore supón a eliminación da súa casca protectora deixando a madeira ao descuberto, exposta ao ataque de fungos, bacterias e insectos orixinando unha cavidade máis ou menos extensa nas pólas ou troncos que afecta á súa resistencia e solidez. Por iso, unha das recomendacións básicas cando non hai máis remedio que realizar podas é evitar os cortes sobre pólas de grandes dimensións, realizando tratamentos individuais e valorando previamente calquera actuación. Cando non se respectan estas normas básicas, ou a técnica de poda non é a correcta, a evolución das árbores así tratadas ao longo dos anos leva á súa debilidade estrutural o que incrementa a inseguridade do arborado có risco que representa para as persoas e os bens.

 

Froito desta preocupación, o Grupo de Arborado Urbano da SGHN-Ourense, presentou un escrito ao Sr. Alcalde da cidade de Ourense (PDF), e remitiu copia aos grupos políticos representados no Concello. Nese escrito, en resumo, vense a solicitar un cambio radical na xestión do arborado urbano, e que o seu tratamento se encargue a profesiona

 

is capaces de planificar un nivel de risco aceptable para o arborado e con coñecementos contrastados d

 

as técnicas modernas. Así mesmo, pídese a reposición dos exemplares eliminados de acordo a criterios técnicos e racionais. Finalmente se encarece ao Concello de Ourense que faga un exercicio de transparencia, facilitando o informe técnico que deu pé á actuación de emerxencia realizada na praza de San Marcial.