Terceira saída dentro da actividade “A biblioteca sae ao medio”, ao abeiro do convenio que ten asinado a Delegación de Ferrol da SGHN coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol. Con esta saída finalizamos a edición 2020 da devandita actividade. Lembramos que con carácter previo a esta fixemos dúas máis: Doniños nocturno e Doniños diurno, ambas as dúas tamén con moita acollida. É que realmente, coñecer e protexer a nosa contorna é unha actitude intelixente, porque Ferrol mola moito!