02/10/2021
Disfrutando coa aves…
A xeira da mañá desenvolveuse pola mesma zona do ano pasado tratando de observar as aves máis habituais e, de ser posible, algún visitante descansando da súa longa viaxe migratoria.
Escolleuse como punto de inicio o observatorio dos terróns con escasa presencia de aves, mayormente corvos mariños (Phalacrocorax carbo), merguilletes (Tachybaptus ruficollis), algún ánade real (Anas platyrhynchos) moi escondido entre a vexetación e mesmo tres biluricos de ás negras (Tringa ochropus). Como sempre entre a vexetación, de cando en vez, canta algún paxariño, o máis habitual neste punto é o insistente e casi invisible rousiñol bravo (Cettia cetti). E, por segundo ano consecutivo, botamos en falla nesta areeira os mergullóns (Podiceps cristatus) que ata hai ben pouco eran moi frecuentes.
Ao longo do itinerario observouse unha garza ral (Ardea cinerea), unha garceta grande (Ardea alba), unha tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), varios patos reais (Anas platyrhynchos), un buxato común (Buteo buteo), merguilletes (Tachybaptus ruficollis), lavandeiras brancas (Motacilla alba), subeliña común (Aegithalos caudatus) e varios páridos e algúns grupos de liñaceiros (Carduelis cannabina) e picafollas. E … ningún mergullón cristado (Podiceps cristatus), o que si vimos con claridade en varios puntos foron os visóns americanos (Neovison vison) que poden ter unha grande incidencia no declive das poblacións de algúnas especies, por exemplo dos mergullóns
En xeral, os máis veteranos constatan con certa preocupación unha importante reducción de aves nos últimos tempos en moitas zonas, non só na comarca limiá.
…e traballando polas aves
Conscientes deste declive da ornitofauna a xornada completouse pola tarde traballando en prol das aves no Humidal Antonio Villarino. Os obxectivos do traballo son a retirada da vexetación que medra nos neocauces, centrándose o traballo nas salgueiras e moi especialmente nas especie exóticas invasoras, neste caso Bidens frondosa. Unha vez máis temos que agradecer aos participantes a súa asistencia, apoio e comportamento durante a xornada.