Proxecto Libera
Grazas a todos os voluntarios que coa Sección Antela de SGHN traballaron a reo o pasado 23 de febreiro limpando un pouco máis a Veiga de Gomareite. A actividade está enmarcada nun novo convenio de colaboración con SEO/BirdLife dentro da campaña de “Apadrinamientos 2018” do “Proyecto LIBERA naturaleza sin basura”. Os traballos son continuación dos desenvolvidos o pasado ano co “Proxecto Libera na Veiga de Gomareite” e conta novamente cunha axuda de 1500 euros.
Proxecto Libera 2019 na Veiga de Gomareite Explicando o proxecto para a Veiga de Gomareite
Do mesmo xeito que o ano pasado o obxectivo foi recoller a maior cantidade posible de lixo, nesta ocasión actuando sobre as zonas onde no pasado setembro estivéronse a retirar as montoneiras de residuos na Veiga de Gomareite no marco das axudas a investimentos non produtivos vinculados a realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000.
Máns á obra
O magnífico nivel de enchente (resultado dos traballos anteriores) non permitiu o acceso a algúns lugares dentro da veiga. Por iso actuamos sobre as alineacións e muros de pedra e terra na procura sobre todo de plásticos e outros residuos que quedaron mesturados durante os traballos coa maquinaria.
Pero, con grande desgusto os voluntarios atopáronse con lixo novo depositado dende a finalización da obra fai cinco meses. Despois da primeira e desagradable impresión iníciase a retirada dos residuos asimilados a urbáns mentres para posterior ocasión déixanse outros como pneumáticos, envases contaminados e entullos de obra.
Non pode ser! Botaron lixo novo na zona de traballo! Retirando os novos residuos
Rematando a recollida dos novos residuos Retirada puntual de residuos nos novos muros Pouco a pouco vaise agrupando o material
Como aínda quedaba tempo de traballo, achegámonos á veiga asolagada para retirar algúns restos nos lugares accesibles. Desde ahí disfrutamos dunhas fermosas vistas da veiga de Gomareite parcialmente asolagada.

As dificultades non arredan aos voluntarios
O lixo está moi disperso e mesturado coas pedras e terra, polo que o traballo é bastante lento e a cantidade de materiais retirados é menor que noutras ocasión. Así e todo o volume extraído acadou algo máis dos 3 m3. Finalmente os residuos depositáronse en contedores de recollida dos residuos sólidos urbáns.
A retirada dos residuos é complicada pois están mesturados con terra e pedras Retirando cordas e cordeis, tan perigosos para a fauna
Primeira parte do material recollido Segunda parte do material recollido
E despois do traballo aínda quedou algo de tempo para visitar algún dos últimos predios alugados ao Bantegal.
Visitando os novos predios alugados ao BANTEGAl Pronto comezaremos unha nova campaña de apadriñamento
E quedamos xa para a vindeira xornada de limpeza en Gomareite, cando as condicións climáticas e de crianza das especies obxectivo o permitan. Agardámosvos a todos os queirades acompañarnos.