Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Reapertura Museo de Historia Natural de SGHN
A Xunta de Galicia fai ‘marketing’ co oso pardo mentres segue sen actualizar o plan de recuperación da especie
Comunicado da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Ecoloxistas en Acción-Galiza, Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica (PDCC) e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Os últimos acontecementos en relación ao oso pardo (Ursus arctos) en Galicia poñen de manifesto que a especie é únicamente obxecto…
O concello de Teo cuberto de eucaliptos para “buzoneo” de publicidade?
O caso de Compostela… O seguimento exhaustivo durante un ano completo da publicidade impresa recibida mediante “buzoneo” nunha vivenda de Santiago de Compostela, nin moi céntrica nin no extrarradio, permitiu avaliar nuns 15,3 kg a cantidade de papel que se consume neste tipo de publicidade por domicilio e ano. Oito…
O chumbo pesa máis que a pluma
Desenvolver actividades na natureza dun xeito san, responsable e coa mínima pegada no medio natural resulta non só posible, senón recomendable neste momento. Retomar as actividades en contacto coa natureza resulta axeitado e mesmo recomendable tras o necesario parón que a sociedade galega ven de asumir responsablemente co fin de…
