Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Lei de Ordenación do Territorio de Galicia (LOT)
“Pensa máis aló”
A Convención de Berna lanza “Think Outside the Box” . SGHN é “Embaixadora da campaña” A Convención de Berna lanza a campaña “Pensa máis aló” porque na última década houbo un declive dramático das poboacións de anfibios e réptiles en Europa (véxase por exemplo Atlas de hérpetos de Galicia). Esta campaña non podería…
Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Helichrysum petiolare Hilliard & B.L. Burtt
A coñecida como sempreviva, Helichrysum petiolare, é un subarbusto ramoso e gabeador da familia das compostas orixinario de Sudáfrica, que foi citado por vez primeira en Galicia no ano 1974. Ten follas moi pilosas de cor verde pola face e abrancazas polo envés. Emprégase como especie ornamental. Invade na beiramar…
Garranos en perigo de desaparición
Os garranos son animais silvestres… Os garranos son équidos salvaxes que habitan nas montañas do norte da Península Ibérica desde hai máis de 20.000 anos. Testemuñas elocuentes da súa presenza ancestral son: As súas reiteradas representacións gráficas na arte parietal (entre o Paleolítico Inferior e a Idade do Ferro) desde…
