Que facemos na SGHN?

Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
SGHN-Ferrol denuncia danos ambientais no Rego San Bartolomé (Parque Natural das Fragas do Eume) e no Río Belelle
A Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol denuncia, diante da Consellería de Medio Ambiente, que no que vai de verán non se respectou o caudal ecolóxico do Rego San Bartolomé (Concello de Monfero), tributario do Río Eume, sendo responsable dos feitos a empresa que xestiona a Central Hidroeléctrica do…
ADECUACIÓNS “MEDIOAMBIENTAIS” NA PRAIA DE VILARRUBE (VALDOVIÑO)

A Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural ven de presentar Alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto de Recuperación e Restauración do Dominio Público Marítimo-Terrestre na Praia de Vilarrube (Valdoviño, A Coruña). O Dunar de Vilarrube forma parte da Rede Natura 2000, como Lugar de Interese…
UN PROXECTO DE REFORESTACIÓN AMEAZA O LIC COSTA ÁRTABRA E A ZEPA COSTA DE FERROLTERRA-VALDOVIÑO
Verdegaia e a SGHN-Delegación de Ferrol veñen de demandar ós Delegados Provinciais do Servizo de Conservación da Natureza e de Medio Rural da Xunta de Galicia que ordenen a paralización inmediata dos traballos de desbroce e plantación de piñeiros nunhas 300 ha do Monte Comunal de San Xurxo integrado no…
Campaña de nadal protección arborado

Chegando as datas de nadal, moitos fogares adórnanse con beléns e árbores que simbolizan estas festas. Nembargantes este costume representa algúns abusos como a corta indiscriminada de árbores ou outras especies vexetais para os adornos. Por este motivo, a SGHN desenvolve algunhas actividades encamiñadas a concienciarnos, para que o uso…