Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Novo artigo na revista BRAÑA: Novos datos sobre a reprodución do sapoconcho mediterráneo, Mauremys leprosa no Baixo Miño
O achádego dun cadáver dun neonato de sapoconcho mediterráneo (Mauremys leprosa) atropelado no Baixo Miño, confirma a reprodución da especie na zona. Publicamos unha nota científica sobre esta reproducción na revista BRAÑA, na cal podes obter unha copia en pdf. O sapoconcho mediterráneo é a especie con máis citas en…
Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Eichhornia crassipes (Mart.) Solms
Eichhronia crassipes é una planta acuática rizomatosa de orixe amazónica que pertence á familia Pontederiaceae. Introducida en Europa como especie ornamental pola beleza das súas flores, atopouse en Galicia por vez primeira no ano 2000. Provoca graves impactos sobre o hábitat debido ao seu crecemento desmesurado en pouco tempo. Pode…
Libera Natureza sen basura na Veiga de Gomareite
Rematou o proxecto de SGHN Libera Natureza sen basura na Veiga de Gomareite, financiado en 2017 por SEO/BirdLife-Ecoembes. O traballo dos voluntarios na última xornada foi impresionante como amosa o video (1 hora comprimida en 38 segundos).
15 setembro 2018: Observación nocturna de avelaiñas
A Sociedade Galega de Historia Natural, organiza unha actividade de observación nocturna de avelaiñas (bolboretas nocturnas). A actividade consistirá en participar nunha mostraxe destas especies coa metodoloxía para atraer ás avelaiñas. Desenvolverase dende o anoitecer ata a madrugada. É necesario levar roupa axeitada de abrigo. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta en:…