Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Resposta de SGHN ao Sr. Arnau, enxeñeiro de Paratermo Energía, SL
No “Buzón del lector” de La Voz de Galicia do pasado 31 de marzo inclúese unha carta de D. José Ramon Álvarez Arnau na que critica as alegacións de SGHN (publicadas previamente no mesmo xornal) á planta de metanol que Paratermo Energía SL quere facer en Viana do Bolo e…
Paratermo Energía: planta de metanol e hidróxeno en Viana do Bolo
Nun terreo rústico de 188 ha nas parroquias de Fornelos de Filloás e Fradelos (Viana do Bolo, Ourense), PARATERMO ENERGÍA, S.L solicitou os permisos para “Implantación de una planta de producción de combustible industrial mediante gasificación de carbón utilizando como energía la producida por radiación solar” . Dita instalación industrial:…
Taller de iniciación ao coñecemento das aves invernantes
A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural organiza un taller de iniciación e coñecemento das aves invernantes impartido polo encargado da nosa sección de Ornitoloxía Álvaro Rodríguez Pomares xunto con Calros R. Silvar. Consta de tres sesións de hora e media para mostrar as especies máis…
Insignia de ouro do Concello de Ferrol á SGHN
Alcalde de Ferrol, Alcaldesa de Lugo, Conselleiro de Política Social, Concelleiras e Concelleiros de Ferrol e Lugo, Autoridades, Premiados, Amigas e amigos, Señoras e Señores. En nome de todos os que formamos parte da SGHN, queremos agradecer cordialmente, a entrega da insignia de ouro da cidade, que toda a corporación…