Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Saída do Día do Medio Ambiente por terras do Carballiño
Os papeis de Corcoesto
Onte saltou aos medios de comunicación que George Salamis, máximo directivo da mineira Edgewater Exploration que pretendía explotar a mina de ouro en Corcoesto, insinúa que a decisión da Xunta de Galicia de paralizar o proxecto non se tería producido se a empresa houbese aceptado as ofertas de “axuda” de “amigos do presidente” que “xeneralmente…
Resposta de SGHN ao Sr. Arnau, enxeñeiro de Paratermo Energía, SL
No “Buzón del lector” de La Voz de Galicia do pasado 31 de marzo inclúese unha carta de D. José Ramon Álvarez Arnau na que critica as alegacións de SGHN (publicadas previamente no mesmo xornal) á planta de metanol que Paratermo Energía SL quere facer en Viana do Bolo e…
Paratermo Energía: planta de metanol e hidróxeno en Viana do Bolo
Nun terreo rústico de 188 ha nas parroquias de Fornelos de Filloás e Fradelos (Viana do Bolo, Ourense), PARATERMO ENERGÍA, S.L solicitou os permisos para “Implantación de una planta de producción de combustible industrial mediante gasificación de carbón utilizando como energía la producida por radiación solar” . Dita instalación industrial:…
