Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Ampliación ilegal de granxa de visóns en A Baña
As consecuencias da prohibición hai catro anos (18-12-2012) das granxas de visón en Holanda (terceiro produtor mundial) a partires de 2024 continúan a sentirse na proliferación de novas granxas ou ampliación das existentes en Galicia. O último caso, polo de agora, é unha segunda ampliación da granxa existente en Troitosende…
Beneziphius cetariensis nova especie de cifio fósil para a ciencia
Un equipo de investigación internacional dirixido por Ismael Miján da SGHN e integrado por Olivier Lambert do Museo Real de Ciencias Naturais de Bélgica e Stephan Louwye da Universidade de Gante, fai público o achado dunha nova especie de cetáceo cuxa datación estímase nuns 4 millóns de anos na revista…
Arquivo persoal do botánico Xavier Sóñora (1956-2016)
A SGHN vén de publicar o Proxecto de Arquivo persoal do botánico Xavier Sóñora (1956-1996). O proxecto ten como obxectivo principal a organización e tratamento arquivístico, co fin de facilitar un acceso web ás descricións arquivísticas do fondo documental persoal do botánico, polo seu interese como fonte documental para as…
