Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Mostraxe de Myxomycetes nas Gándaras de Budiño
O domingo 10 de maio tivo lugar unha mostraxe de Myxomycetes na Zona de Especial Conservación (ZEC) As Gándaras de Budiño, organizada polo Grupo Micolóxico Galego e a Sociedade Galega de Historia Natural. Esta saída estaba programada para o pasado 26 de abril, pero foi necesario pospoñela debido o mal…
A biblioteca sae ao Medio
A Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol, co obxecto de potenciar a Biblioteca da SGHN e o manexo das guías de campo, organiza a actividade “A Biblioteca sae ao Medio” que consistirá en tres saídas á natureza nas seguintes tres datas…
Recheo dunha antiga canteira con residuos tóxicos en Salceda de Caselas
Conxuntamente entre Verdegaia e SGHN presentáronse catro escritos dirixidos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (PDF), Consellería de Economía e Industria (PDF), Consellería de Sanidade (PDF) e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (PDF) por dun recheo con vertidos tóxicos na canteira Pereiriñas, sita en Salceda de Caselas (Pontevedra). Baseándonos…
Lobo mariño “CELEIRO” (Halichoerus grypus) – Segunda fase de rehabilitación
A foca Celeiro atópase xa na piscina, percorrendo as últimas millas do seu pequeno océano actual. Desde o primeiro segundo do encontro ca auga, a súa actitude tranquila e observadora transformouse en felicidade. Nas fotos que acompañan a esta entrada pode verse ao lobiño baixo a auga, e alí está case…