Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Día do naturalismo galego 2025
O Museo de Historia Natural en Semana Santa
Visitas guiadas en Semana Santa O Museo de Historia Natural de Ferrol, con motivo da Semana Santa 2025, organiza visitas guiadas gratuítas. Serán tanto na mañá como na tarde do martes 15 de abril e o mércores 16 de abril, en dúas quendas de mañá e unha de tarde, de 1 hora de duración. Límite máximo de 20 persoas por grupo. Non será precisa inscrición…
Concurso aves
O pasado 28/02/2025 celebrouse a Asemblea da Delegación de Ourense da SGHN e, como ven sendo habitual, finalizada a Asemblea houbo unha charla aberta ao público na que normalmente se tratan temas relativos á biodiversidade en calquera das súas vertentes. Pero este ano mudouse a temática para acoller o relatório…
Non é momento para “limpar” a Ponte Vella de Ourense
Segundo novas de prensa publicadas hoxe, “a Xunta de Galicia ven de pedir autorización á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para levar a cabo traballos de limpeza de vexetación na ponte romana de Ourense”. Na Ponte Vella (ou “Ponte romana”) de Ourense existe unha importante colonia de cría de cirrio común…
