Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
‘Bio-mexan’ por nós, pero non imos dicir que chove
As grandes empresas do sector teñen ben clara a connotación negativa para a poboación das fábricas de celulosa. Por iso, na web de ENCE chámanse ‘bio-fábricas” as súas plantas de Pontevedra e Navia. Pola súa banda, ALTRI transmutouse en GREENFIBER (‘fibras verdes’) para camuflar o seu proxecto de celulosa na…
Conferencia “Mostraxe acústica pasiva”
O vindeiro venres 12, ás 19:30 h, no salón de actos do Museo de Historia Natural terá lugar a segunda conferencia do ciclo “XUNTANZAS NATURALISTAS” patrocinado pola Deputación da Coruña que organiza a delegación de Ferrol da SGHN. Co título “Mostraxe Acústica Pasiva: unha poderosa ferramenta para o seguimento dos…
Actividade no Montealegre polo Día da Árbore
O día 21/03/2024 a Delegación de Ourense da SGHN xunto co C.E.I.P. Irmáns Villar, a Aula da Natureza e o Concello de Ourense organizaron unha actividade para alumnos do CEIP no parque do Montealegre en Ourense. No día da Árbore realízanse diversas accións, en xeral desenvolvidas ao ar libre, centrándose…
GREENFIBER: imos a contar mentiras ALTRI-lará
SGHN ven de solicitar que se desbote total e definitivamente o Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) para a instalación dunha fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa, promovido por GREENFIBER, S.L. Outra arma de eucaliptización masiva Nomeando o todo (produción de 600.000 t/ano de celulosa) pola parte (só un terzo…