Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Resume da 1ª Quedada no Museo (QnM)
Nesta primeira edición da actividade “Quedadas no Museo” (QnM), contamos cunha boa acollida por parte do público que foi chegando ao salón de actos. O delegado en Ferrol da SGHN e codirector do Museo de Historia Natural de Ferrol (MHNF), Xan R. Silvar, deu lugar á apertura ás 17:00 e…
“Iberia naturaleza infinita”: Novo pase en Santiago!
Á vista da excepcional acollida ao que se preveía como pase único, o vindeiro venres día 26 da xaneiro haberá un novo pase do documental “Iberia naturaleza infinita” na sala Numax de Santiago de Compostela Proxectada xa nas “VI Xornadas galegas de patrimonio natural e biodiversidade” organizadas pola Delegación de…
Quedadas no Museo
Se pertences á SGHN, aquí tes esta nova actividade baixo o patrocinio do Concello de Ferrol, na que podes participar e traer xente non socia para que tamén poida tomar parte! Daremos a coñecer á cidadanía, mediante xuntanzas participativas, as novidades do eido naturalístico: Cada xornada será recollida en forma…
Opinión de SGHN sobre os “pellets” e a contaminación por mesoplásticos
Os gránulos de plástico constitúen unha categoría importante de plásticos atopados no ambiente. Na UE, as estimacións de perdas operativas e incidentais anuais no medio ambiente están entre 16 000 e 167 000 toneladas (OSPAR Commision, 2018). Actualmente, os gránulos de plástico son omnipresentes en ambientes acuáticos. Atópanse en praias,…