Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Plan de conservación do ENIL Brañas de Sada
Ao abeiro do proceso de participación pública, SGHN ven de presentar alegacións ao plan de conservación do espazo natural de interese local (ENIL) Brañas de Sada. O plan de conservación foi aprobado en pleno municipal o 29 de decembro de 2021, co voto afirmativo de tódolos grupos políticos municipais. Cumprindo…
É hora de recuperar Antela
Aves e plásticos no humidal Ramsar Umia-Grove-Carreirón
Cada ano, o 2 de febreiro celébrase o “Día Mundial de los Humedales” conmemorando a data na que se asinou en 1971 a Convención sobre as zonas húmidas en Ramsar (Irán). O convenio Ramsar conleva a creación dunha rede internacional de zonas húmidas entre as que se inclúe o Complexo Intermareal Umia-O…
Resume da 1ª Quedada no Museo (QnM)
Nesta primeira edición da actividade “Quedadas no Museo” (QnM), contamos cunha boa acollida por parte do público que foi chegando ao salón de actos. O delegado en Ferrol da SGHN e codirector do Museo de Historia Natural de Ferrol (MHNF), Xan R. Silvar, deu lugar á apertura ás 17:00 e…
