Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Inscrición VI Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade
Presentación do proxecto REGODAL no MHN-Ferrol de SGHN
Presentación do Proxecto REDOGAL da Xunta de Galicia no Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol O pasado venres 6 de outubro presentouse no Museo de Historia Natural de Ferrol da SGHN (MHNF-SGHN) o Proxecto REDOGAL da Xunta de Galicia. O malacólogo Juan Trillo visitou unha vez máis o noso museo,…
Outono naturalista en Ferrol: paseo diurno por Doniños
Dentro do ciclo “Outono Naturalista” de actividades de divulgación organizado pola SGHN-Ferrol, está prevista unha saída diurna ao areal e lagoa de Doniños o vindeiro sábado 14, co fin de contrastar coa saída nocturna do sábado 7. Ao igual que o resto das actividades ofertadas dentro deste ciclo pola SGHN-Ferrol, esta…
Reseña da saída “Doniños nocturno”
Realizada onte á noite a saída “Doniños nocturno” dentro do ciclo “Outono naturalista”, unha actividade patrocinada pola Deputación Provincial da Coruña, nunha noite tan fermosa como anómala para o tempo de outono no que estamos. Un ceo despexado e sen lúa permitiu vivir, aos 20 asistentes e os dous monitores (mágoa…
