Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Visitas ao Museo de Historia Natural en Ferrol, premio do concurso “Adivina, ¿De qué hablan en el CCHS?” do CSIC
A Biblioteca Tomás Navarro, unidade de divulgación, cultura científica e edición dixital do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do C.S.I.C., ofreceu entre os premios do seu concurso a visita a varios museos e entidades, entre elas o MHN Ferrol da S.G.H.N. A importancia dos outros centros ofertados (o Real…
IV Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade
III Censo de cegoña branca invernante en Galicia
SGHN rematou a recompilación de datos para o III Censo de Cegoña branca e xa os remitiu á SGO, coordinadora xeral en Galicia deste censo. Destacamos de novo o excelente desenvolvemento do traballo, grazas á boa coordinación de SGHN e, sobre todo, ao esforzo impagable dos 40 colaboradores que completaron…
O Concello de Ferrol aporta 1.000 € para a biblioteca da SGHN-Ferrol
Mediante a súa Concellería de Educación, o Concello de Ferrol e a Delegación de Ferrol da SGHN acaban de asinar un novo convenio de colaboración para a adquisición de material bibliográfico con destino á biblioteca especializada da entidade naturalista. Os 1.000 € dese aporte, que dende hai anos se vén…