Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
As organizacións ecoloxistas non asistirán ao COGAMADS mentres a Xunta siga vetando o debate eólico
Pedimos o amparo da Valedora para exercer o noso labor como membros eleitos deste organismo Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) – ADEGA, FEG e SGHN – ausentarémonos na vindeira sesión deste organismo consultivo mentres a Xunta persista en impedir o debate sobre…
O Goberno de España e a Xunta de Galicia ameazan a poboación de aguia real en Galicia
A aguia real (Aquila chrysaetos) en Galicia mantén unha pequena poboación, en Perigo de Extinción segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, que sobrevive nos lugares menos humanizados da montaña de Ourense e Lugo. Esta especie, da que non más de media ducia de parellas se reproducen cada ano en…
O raposo, en declive sostido?
Nos últimos días véñense de publicar as cifras proporcionadas pola Xunta de Galicia sobre o número de raposos abatidos nas catro últimas tempadas de caza para as que hai datos: 17.044 en 2018-19, 15.728 en 2019-20, 14.909 en 2020-21 e 13.848 en 2021-22 (máis…). Cun R2=0,992, os datos axústanse case…
“Celebrando” o Día Mundial dos Humidais: Galicia ten máis de 1.100 humidais e só 400 zonas húmidas
Humidais ou zonas húmidas? Os humidais, ou ecosistemas húmidos (inglés “wetland”, francés “milieux humides”), son ecosistemas azonais determinados pola presenza de auga na súa superficie, subsolo ou proximidade, a cal inflúe na configuración, funcionamento e dinámica das comunidades biolóxicas e das poboacións de especies de flora e fauna que as…