Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Escándalo de publicidade enganosa!
Prometen “revitalizar corpo e mente”, aportar “un impulso de enerxía”, “unha liberación de enerxía prolongada” e, mesmo, convertirte nun auténtico Ícaro con ás… Pero en realidade é xusto ao contrario: como auténticos vampiros enerxéticos, estas bebidas chuchan toda a enerxía dos seus desgraciados consumidores, deixándoos tan escangallados que nin siquera…
9 de marzo, Día do Naturalismo Galego
Por iniciativa de Rafael López Loureiro, co apoio entusiasta das principais asociacións ambientalistas galegas (SGHN hónrase de ter sido a primeira en facelo) e de numerosas entidades e persoeiros, o vindeiro 9 de marzo celebrarase por vez primeira o Día do Naturalismo Galego. A data elixiuse en homenaxe a Frei…
Outra Limia é posible!
As organizacións ecoloxistas non asistirán ao COGAMADS mentres a Xunta siga vetando o debate eólico
Pedimos o amparo da Valedora para exercer o noso labor como membros eleitos deste organismo Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) – ADEGA, FEG e SGHN – ausentarémonos na vindeira sesión deste organismo consultivo mentres a Xunta persista en impedir o debate sobre…
