Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Incendios forestais, e agora que?
Un problema crónico Neste mes de xullo repetiuse, unha vez máis, a “tormenta perfecta” que pon de novo a crúa realidade diante dos ollos de quen queira ver. Galicia ten un servizo de extinción moi considerable desde hai bastantes anos, efectivo en condicións chamémoslle normais, pero que nunca vai ser…
A Biblioteca da Natureza medra
Novas adquisicións para a Biblioteca da Natureza, adquiridas ao abeiro do convenio anual da SGHN coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol “A biblioteca sae ao medio: Interacción libro-natureza”. Dende hai case 40 anos, a delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural conta cunha biblioteca especializada en…
Liques de Galicia: 26 Lecidella elaeochroma (Ach.) M. Choisy
A Biblioteca da Natureza da delegación de Ferrol recibe do Concello de Ferrol unha subvención de 1.000 €
A Concellería de Educación do Concello de Ferrol e a delegación en Ferrol da SGHN asinaron un convenio de colaboración por valor de 1.000 € para a adquisición de bibliografía naturalista e científica, dando continuidade desta maneira á súa labor divulgativa a través da actividade “A Biblioteca sae ao medio:…
