Poda excesiva na alameda de Allariz

SGHN ven de ser informada por simpatizantes e socios dunha poda severa e semella que indiscriminada na Alameda da vila de Allariz. Á vista das imaxes, SGHN entende que son cortas inaxeitadas para a boa saúde e desenvolvemento das árbores, e, consecuentemente, perigosas para a cidadanía. Por iso, SGHN ven de dirixirse ao Concello de Allariz (máis…) para:

  • Preguntarlle se ten constancia das podas e si estas executadas polo propio Concello ou por outra entidade.
  • Solicitarlle que se paralicen as podas en tanto non exista xustificación técnica ou sanitaria que as aconselle.
  • Solicitarlle que facilite a SGHN:
    • Informe realizado por técnico cualificado que motive a realización das podas.
    • No seu caso, licenza do Concello de Allariz para a realización desas podas.