A Sociedade Galega de Historia Natural naceu en 1973 como Grupo Ornitolóxico Galego (GOG) que, consciente de que a conservación das aves era inseparable da conservación de todo o medio natural, converteuse pouco despois na actual Sociedade Galega de Historia Natural, que dende o primeiro momento contou cunha Sección de Ornitoloxía.
Xa que logo, a Sección de Ornitoloxía da SGHN é a herdeira directa do Grupo Ornitolóxico Galego e segue a desenvolver a liña de actuacións que este comezara.
Desde a súa creación, esta sección coordina e colabora a realización dos censos anuais de aves acuáticas e mariñas invernantes en Galicia, que están sendo publicados na revista Braña e que proporcionan unha información histórica de gran importancia para coñecer a evolución das poboacións invernantes destas aves en Galicia e o estado de conservación da costa e zonas húmidas galegas.
Esta sección ten participado en múltiples estudos sobre as aves de Galicia e a súa conservación, como o Atlas de Vertebrados de Galicia ou o seguimento de especies ameazadas. Tamén mantivo activo, durante moitos anos, un grupo de anelamento científico, chegando a organizar o XI Encontro de aneladores a nivel estatal. A sección de Ornitoloxía ademais ten organizado o V Congreso Galego de Ornitoloxía.

Outra das facetas deste sección é a divulgación e o fomento do coñecemento das aves galegas e a súa problemática de conservación, tanto aos socios como ao público en xeral e para isto ven organizando cursiños e xeiras naturalistas.
Por outra parte a Sección de Ornitoloxía colabora coas delegacións da SGHN na elaboración de documentos, alegacións e denuncias por feitos, proxectos ou normativas que poidan ser lesivas para a conservación das especies de aves en Galicia. Tamén participa na valoración da normativa galega e estatal que afecta á conservación das aves.
A sección Ornitoloxía colabora cos proxectos da sección Antela na recuperación do hábitat da conícora.
Contacta coa Sección Ornitoloxía
Últimas dez entradas relacionadas
- BRAÑA monográfico sobre os 10 últimos anos de censos de aves invernantes: 2016-2025
- Día do Naturalismo Galego en Ourense
- Charla “AVES, Wild Bird Photofraphy” e Asemblea SGHN-Ourense
- Coñecendo as aves migratorias
- Coñecendo as aves no CDR O Viso
- Colonia de Cirrios en Vigo
- “ePaxaro” no Día Mundial das Aves Migratorias
- Impacto dos eucaliptais nas poboacións de aves no P.N. das Fragas do Eume
- Non é momento para “limpar” a Ponte Vella de Ourense
- Seguimos a celebrar o Día das Aves Migratorias
