- “Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente” (DP0031).
- “Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente” (DP0036).
Contacta coa delegación de As Mariñas
Últimas dez entradas relacionadas:- Estrea do documental de SGHN “Sal e Barro”
- Visita a Doniños
- Saída á Serra da Capelada
- Saída ao monte Xalo
- Medicina popular no Courel
- “Rexeneración” dunha praia en Bergondo
- Plan de conservación do ENIL Brañas de Sada
- Saída guiada á costa de Dexo
- Novo material na SGHN para as Delegacións de Ferrol e As Mariñas e o Museo de Historia Natural
- Sada ameaza o seu patrimonio natural
O inicio da creación da Delegación foi a preocupación pola conservación da zona húmida das Brañas de Sada. Comezamos a traballar no 2004 e creamos no ano 2005 a delegación de As Mariñas, con sede no concello de Sada (A Coruña).
Dende o inicio as campañas para dar a coñecer este humidal xunto coa reclamación dunha protección eficaz para esta zona lindeira co casco urbano de Sada marcaron as nosas actuacións máis importantes.
Divulgamos
Organizamos saídas o campo e cursiños de divulgación como parte da nosas actividades ademáis de debuxo e fotografía da natureza, compostaxe caseiro, identificación de aves invernantes, micoloxía, algas, etc.
Ademais realizamos estudos do noso patrimonio natural co fin de poñelo en valor e dalo a coñecer: descubrindo poboacións de fentos protexidos (Woodvardia radicans), estudando os mamíferos carnívoros na nosa comarca, e delimitando as zonas ocupadas polo zosteral (Zostera noltii e Zostera marina) na ría de Sada.

Protexemos
Son múltiples as campañas que dende esta delegación se levaron a cabo ó longo destes dez anos. Todas elas perseguindo sempre a conservación da nosa contorna. Destacan a realización de alegacións fronte actuacións urbanísticas e de infraestruturas que afectan gravemente o medio natural, coma a conexión da vía Ártabra coa vila de Sada ou o proxecto de recheo da praia de Sada. Redactamos múltiples informes medioambientais entre os que destacan o das Brañas de Sada ou o da costa de Carnoedo (Sada) solicitando a súa inclusión na rede Natura.
Colaboramos
Nalgúns casos unimos forzas con outras organizacións coma G.N. Hábitat, ADEGA, Rabo do Galo, Plataforma en Defensa da Ría de Betanzos e Sada, entre outras. Tamén temos representación en organizacións como a Asociación de Desenvolvemento Rural de As Mariñas‐Betanzos ou o Grupo de Acción Costeira-Sur. Un feito moi importante para a nosa delegación foi a participación na creación da Fundación Fragas do Mandeo para a custodia do territorio no 2010 na que a SGHN participa do seu padroado xunto con Hábitat e a asociación O Rabo do Galo.
![]() |
Durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, as Delegacións de SGHN en Ferrol e As Mariñas recibiron axudas da Deputación Provincial da Coruña no cadro das convocatorias anuais do:
|
|
|
Contacta coa delegación de As Mariñas
Últimas dez entradas relacionadas:
- Estrea do documental de SGHN “Sal e Barro”
- Visita a Doniños
- Saída á Serra da Capelada
- Saída ao monte Xalo
- Medicina popular no Courel
- “Rexeneración” dunha praia en Bergondo
- Plan de conservación do ENIL Brañas de Sada
- Saída guiada á costa de Dexo
- Novo material na SGHN para as Delegacións de Ferrol e As Mariñas e o Museo de Historia Natural
- Sada ameaza o seu patrimonio natural


