Novo material na SGHN para as Delegacións de Ferrol e As Mariñas e o Museo de Historia Natural

O material adquiriuse ao abeiro da convocatoria DP0036 da Deputación da Coruña do ano 2022. Dita convocatoria está dentro do “Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2022”.

Por medio desta liña de axuda, os traballos de divulgación, investigación e conservación de fondos por parte de Ferrol, As Mariñas e o Museo de Historia Natuiral, van ver mellorada a súa función. Aproveitamos a ocasión para lembrar que no mes de decembro as actividades de guiado de visitas no museo, tanto presenciais como en liña, tamén foron patrocinadas pola Deputación da Coruña mediante a convocatoria DP0031. O investimento realizado consistiu no material que de seguido se relaciona na seguinte táboa: